ACTIVIDADES

Para que poidades ver e traballar coas actividades que fixemos durante o noso proxecto, deixamos por aquí o enlace á carpeta onde está todo ben gardado.

DROPBOX EXIPTO:

https://www.dropbox.com/sh/u7qyudrrmde8i0g/AACls0jB-NHbm03-frEkWtXwa?dl=0

Esperamos que vos gusten tanto como a nós!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

OS NOSOS CULTIVOS

Xa vos ensinamos fai uns días como nos convertimos en agricultores, sementando lentellas e fabas. Hoxe pasamos por aquí para que vexades a evolución, parece que toda a dedicación obtivo resultados.

Das lentellas averiguamos que comezan a xerminar en apenas dous días!

BeFunky Collage

As fabas resistíronse un pouco máis e comezaron a dar sinais de vida aos catro días

1

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A RELACIONAR!

Aquí veñen máis actividades acabadas de saír do forno. Estas realizámolas ca ferramenta online, Educaplay; que calquera pode empregar porque é moi sinxela!

A primeira sérvenos para coñecer a importancia da auga e o ciclo que seguían os exipcios para os seus cultivos.auga

A segunda dedicámoslla ás mates, que de aburridas non teñen nada se se traballan así de ben! Os nenos e nenas terán que contar os elementos da imaxe e unilos co número correspondente.

números

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

TODOS A CANTAR!

Que non… que non nos esqueceramos!!

Aquí está o vídeo íntegro da canción

DRILO O COCODRILO!!

Estas mestras… que marcha teñen!! Esperamos que aprendades a canción deseguida!

E non vos esquezades do baile, que é ben divertido!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

QUEN VIVE EN EXIPTO?

Fai uns días coñecíamos a Drilo, pero hoxe na clase presentamos a algúns dos seus amigos!

educaplay3

Algúns destes animais eran novos para @s nos@s nen@s, pero ao final da xornada estaban feit@s uns especialistas en fauna exipcia!

educaplay2

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A hixiene é moi importante!

Traballando as costumes do Antigo Exipto, non podíamos deixar pasar…

A hixiene!

Maquillaxes, unllas, os dentes, os peiteados… Xa facían todo iso daquela!!

Con esta actividade, ademais de aprender todo iso, reforzamos un pouquiño a memoria, que é moi importante!
aseo

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

PROBA SORTE!

ADIVIÑA ADIVIÑANZA…

Seredes quen de saber que están a facer estas mestras?

Pista: ten que ver con algunha actividade…

Collage PicMonkey

Fonte: Elaboración propia.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

QUE POUQUIÑO FALTA!

Probando, probando…!!

Estas mestras xa están a facer os últimos retoques ás actividades deste proxecto!!

Non sexades impacientes que pronto volas ensinaremos na aula…

…pero para quen non poida esperar, aquí vos deixamos un pequeno adianto!!

 
crispizarra

nerepizarra

 Aquí temos a dúas das mestras comprobando que todo vaia ben no EDI!!

 

 

Fonte das imaxes: elaboración propia. 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

CONVERTÍMONOS EN AGRICULTORES!

Como xa vimos, os cultivos de Exipto son moi semellantes aos que temos aquí, así que decidímonos a….

FACER OS NOSOS PROPIOS CULTIVOS!!

legumbres

Fonte: elaboración propia.

A andaina destas legumes comeza hoxe, pero pronto veremos como van crecendo.

Estade moi atentos, que publicaremos a súa evolución!

legumbres 4

Fonte: elaboración propia.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

MANU VAIXA AO ANTIGO EXIPTO!

O prometido é débeda e polo tanto… aquí está o fantástico conto de Manu, o noso aventureiro particular por EXIPTO! Xa veredes que historia tan tola vive este rapaz.

Da gusto facer actividades tan divertidas, cas que aprendemos tanto e poder compartilas convosco. Aquí vos deixamos o enlace, para que poidades velo con toda a familia:

Elaboración propia mediante POWTOON

Saúdos!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario